Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. STUDIO MOAI + A FIESTRA

A Fiestra: Anxo e Isma. Studio Moai: Moi, María e Sonia


MOAI + A FIESTRA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Moi e Anxo atopáronse nunha escola de arte, polo que a sensibilidade creativa e o gusto pola imaxe se lle presupón. A imaxe fotográfica no caso de Anxo e a imaxe aplicada ao deseño en Moisés.  A día de hoxe conseguiron montar e manter proxectos empresariais que lles permiten vivir e disfrutar da súa creatividade.

Ademais desto, Moi e Anxo representan perfectamente o  ADN República Creativa por dous aspectos máis: APLICAN a creativa á vida, á rúa, ao cotiá do comercio, da hostelería, das relacións humanas, etc. e non centran exclusivamente a súa “arte” nos museos, aínda que xa expuxeron en espazos artísticos en algunha ocasión.

A terceira característica deste dúo de empresas, Moai + A Fiestra é a COLABORACIÓN. Eles representan esta maneira de facer tan de actualidade, onde as sinerxias empresariais, a colaboración estreita e habitual e o bo entendemento creativo, desembocan en espazos compartidos onde practicar  “coworking” como se dunha mesma empresa se tratara, aínda que mantendo a personalidade e a independencia de cada unha delas.

Moisés, Sonia, Isma, María e Anxo son mozxs creativos que viven e traballan en Boiro, unha República Creativa.

 

 

LIGAZÓN: Studio Moai + A Fiestra