Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. IN9 EVENTOS

Stand de Galicia realizado por IN9 Eventos - Expo Milán 2015

 


IN9 EVENTOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

“Somos embaixadores do produto e a cultura galega. Realizamos eventos personalizados, apostando pola #Fusión #orixinalidade #innovación #deseño #identidade “

Así se presenta en internet In9 eventos, a empresa que re-evolucionou os eventos gastronómicos  en Galicia dende unhas pequenas oficinas en Exipto nº125,  xusto encima dos fogóns do recoñecido restaurante Chicolino de Boiro.

A toda esa bagaxe no saber culinario e na experiencia organizativa de grandes eventos que ten a firma Chicolino, sumouselle unha equipa de xoves profesionais creativos que entenderon perfectamente a fórmula definida ao inicio. Se partimos da excelencia do producto e da gastronomía galega, aportámoslle o valor engadido dunha cultura milenaria e única como é a nosa e todo eso o vestimos co deseño e a innovación última, o éxito está asegurado.

República Creativa é un proxecto que enlaza directamente cos argumentos defendidos nos Pecha Kucha da Asociación de Empresarios de Boiro, onde ano tras ano se insiste na idea de que a cultura e a creatividade son factores cada vez máis importantes de desenvolvemento económico. In9 eventos é un exemplo perfecto desta idea aplicada ao mundo gastronómico, onde a excelencia do produto propio apoiada no acervo da cultura marítima galega, ofrece grandes oportunidades que esta empresa aproveita perfectamente dende o seu saber facer.

 

 

 

 

LIGAZÓN: IN9 Eventos