Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. MOANIN


MOANIN

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Onde comer diferente, orixinal? Onde probar cousas novas, sabrosas e de calidade?  Un local que teña certificado de excelencia Trip Advisor? onde poidas sorprender o paladar con sabores que viaxan de Cáceres a Bahía . Onde a cerveza sabe a Galicia e a tortilla a gloria. Onde é ese lugar especial e distinto? Ese bar reconvertido en tapería, en comedor común onde atopar xente coñecida ca que alimentar  corpo e alma. Onde está ese local con encanto? Unha desas recomendacións que se lle fai aos de fóra cando che preguntan para comer. Onde está ese sitio?


Pois está en Boiro, na parte baixa da peonil. Chámase Moanin, como aquel disco de Art Blakey e os seus “mensaxeiros do jazz” coñecidos por dar nome a unha forma diferente e divertida de tocar, o “funky jazz” baseado nos ritmos primarios e na harmonía. Se Miles Davis, Charlie Parker ou Dizzy Gillespie viñeran a tocar unha noite á Pousada, de seguro cenarían no Moanin, aquel local de comida funky.

 

 

 

LIGAZÓN: Moanin