Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. Ágora, Café Literario


ÁGORA. Café literario.

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Nesta república que habitamos tamén hai espazo para a hostelería. A hostelería especial e creativa. A que ten en conta a cultura para definir o espazo e os servizos que ofrece ao cliente (un local autodefinido como café literario tiña que estar nesta web).


Mais sobre todo nesta república hai espazo para  persoas como Chaves. Un tipo afable e amable ao que non lle verás unha mala cara nin lle escoitarás unha mala palabra no seu traballo.

Unha persoa ademais, moi involucrada no eido cultural, dende a fotografía á arqueoloxía, unha das súas grandes paixóns.  Un home plenamente colaborador con iniciativas culturais de toda índole como o Centro Arqueolóxico de Neixón, a asociación fotográfica Olláparo, o  Maio Vintage Market ou os Vermús Musicais.

Dende aquí recomendamos vivamente disfrutar da cafetería Ágora, pola súa excelente ubicación, pola terraza, polas cañas ben tiradas e polas tapas que ofrece, mais sobre todo, polo trato, por coñecer a Chaves, unha desas persoas que che fan volver ao local onde traballan.

 

LIGAZÓN: Ágora. Café literario