"A economía creativa basease na xeración de ideas e coñecemento, dende o plantexamento de que a creatividade humana é o maior recurso que temos. Os productos da economía creativa distínguense polas súas cualidades únicas e non só polo prezo".
Florida/Caves sobre as industrias creativas no s.XX
O mar é un elemento fundamental da evolución do pobo galego, como recurso económico, como elemento cultural e como medio que define a nosa forma de ser.
O mar segue a ser o sector productivo máis importante do entorno que habitamos, inzado de bateas, de mariñeiros, de mariscadoras, de redes e de fábricas de conserva.
O mar segue a ser tamén fonte de inspiración de pintoras e poetas, de músicos, escritores e tamén de deseñadores.
A economía creativa avoga por aunar os elementos produtivos e simbólicos do mar para xerar novos produtos e servizos que diversifiquen as vías de desenvolvemento, socioecónomico e cultural, vinculadas co propio mar.
Membros da república creativa que habitamos como Juan Ares Marine Design no deseño de interiores, In9 eventos en turismo mariñeiro ou Asteleiros Triñanes e as embarcacións, son bo exemplo do que estamos a falar.
Esta semana, adicamos a nosa entrada a Juan Ares, o primeiro TED boirense. Un creativo admirable na súa aposta polo deseño propio asociado a algo tan vinculado ás nosas vidas como é o mar.
LIGAZÓN: Juan Ares