Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. Asteleiros Triñanes


ASTELEIROS TRIÑANES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

O festival audiovisual escolar de Galicia, Olloboi, o proxecto fotográfico Fasquía ou recitais poéticos traidos da man de Fco. Fernández Naval, son actividades culturais que nos últimos tempos se vincularon a Asteleiros Triñanes.  Porén, o maior vínculo deste asteleiro ca cultura galega, son os propios barcos que alí se constrúen e se arranxan; ferramentas que axudaron ao desenvolvemento económico do noso país na súa estreita relación co mar e símbolos xa da nosa paisaxe e do noso ser mariñeiro.
Cultura e memoria tamén vinculados a Triñanes en proxectos como o encontro de embarcacións tradicionais ou naquel fermoso proxecto que foi recuperar e construir unha nova Gamela do Cabo da Cruz, unha embarcación singular cunha fermosa historia detrás. “Cando Francisco dos Pinales foi inscribir a gamela quixo chamarlle Libertade, pero os funcionarios do réxime franquista non llo permitiron. Entón chamádelle Esperanza, dixo”.

“Unha tarde de primavera do ano 2002, ao día seguinte da festa grande das palabras, nunha cerimonia na que participou boa parte da parroquia, madriñado comunal para un acto de afirmación do ser colectivo, soubo do mar a nova Esperanza Libertade. Navegou a carón da vella Esperanza e alguén, entre os asistentes, comentou que a Esperanza tiña máis manga ca nova embarcación. Entón, unha voz grave, afirmou que a esperanza sempre é maior cá libertade. Seguramente tiña razón, e así ten que ser, que a esperanza conxuga utopía e soño. Pero aquela tarde, vendo ás dúas embarcacións deslizarse sobre as ondas, coas súas velas abertas coma un abrazo, rodeadas de todas as outras velas das naves alí congregadas coma en homenaxe, panos coma corazóns enchidos por aires de roncón e saias de baile, convivindo cos remos das traíñas e o silencio das chalanas, diante da paisaxe recortada contra as rendidas grúas do mexillón, xunto ao vello peirao que albergou a vida que todos debemos protexer, pensamos que o mar é ese territorio, a illa de auga rodeada de ceo, que dicía Manuel Antonio, onde esperanza e libertade teñen igual tamaño e un mesmo significado”.   

Francisco X. Fernández Naval

 

LIGAZÓN: Asteleiros Triñanes