Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. Serarte


SERARTE

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Damián Eiras e Anxo García, Xaba, Verónica e Isma forman SerArte Boiro, unha empresa de imaxe gráfica e publicidade que habita nesta República Creativa.
A historia nace no Bacharelato de Arte do Barbanza, onde estudou Damián Eiras antes de  titularse en Belas Artes na facultade de Pontevedra e posteriormente colaborar en diferentes proxectos artísticos entre os que estaba o proxecto Leñaverde de apoio a mozxs creativos desta comarca.


A historia segue cando Damián se une a Anxo, recén titulado en empresariais. Eles dous son exemplo da economía creativa: a fusión da arte, da formación artística, da mellor escola de creatividade, ca visión empresarial e de negocio.


De aí xurde Serarte e moitas das empresas que forman esta comunidade dende a que escribimos. Do convencemento, da realidade xa, de que a arte, a cultura, a creatividade son elemento fundamental do desenvolvemento humano, tamén dende o punto de vista económico, como amosan as cifras de emprego en Europa, onde a economía creativa supera xa a sectores como o automóvil ou as telecomunicacións. E como dende o local, tamén se amosa cada ano con exemplos empresariais vivos nos “Pecha Kucha” da asociación boirense de empresarios.


Serarte nace da suma de arte e empresa e vincúlase cun dos nichos da economía creativa máis dinámicos que existen, a publicidade. Nun mundo no que a imaxe ten tanta importancia, montar unha empresa que traballe a imaxe de corporacións, grupos e particulares, parece unha boa idea. Se a boa idea se sustenta na complementariedade de persoas ca formación axeitada mellor, se a esa formación, a esa aptitude, se lle suma unha actitude (con c) positiva, moito mellor. Se a ese equipo se suman persoas moi valiosas en aptitude e actitude a cousa ten que ir ben, como así o están amosando dende Searte, que tanto traballa no mercado de proximidade como desenvolve traballos para empresas multinacionais. E nós alegrámonos moito de que sexa así, de que se demostre como levamos defendendo dende sempre que “ser arte” é unha boa idea.