Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. Sonaxe


SONAXE

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A escola de música de Boiro cumpre dez anos dende que se profesionlizou. Esta profesionalización consigueu a dignificación do traballo do profesorado, a través da estabilidade dun sistema que foi quen de manter un dos ensinos máis favorecedores para a evolución das persoas, o ensino musical. Pero a profesionalización da escola de música de Boiro propiciou unha chea de cousas máis.

A EMB consigueu xa de inicio romper moldes, en canto se xestiona dende unha cooperativa. Unha cooperativa de músicos, dous deles antigos alumnos da banda de música, moi vinculada á escola (José Luís e Gabriel) e unha terceira provinte dunha familia musical destacada (Kety Paisal). Esta cooperativa chamada Sonaxe, que acadou  aos poucos anos de nacer recoñecementos oficiais pola súa singularidade,  multiplicou as posibilidades da escola, que pasou de ser un centro de ensino a unha verdadeira factoría cultural da que sairon recentemente productos de tanta calidade como o disco de Sonia Lebedynski, como o último traballo da Banda da Balbina ou como o disco+espectáculo infantil de Gabriel Riveiro e Ramón Raíndo, dous profes da EMB e parte da cooperativa Sonaxe, que ofrecen concertos didácticos para coles e calquera espazo onde se queira achegar a música ás nenxs.

Sonaxe, Sonaxe Récords, a EMB, agora tamén a anpa da escola e os músicos profesionais que forman parte desta familia, xeneran a diario nas instalacións de centro social de Boiro,  formación musical, experiencias e productos feitos cunha materia prima fundamental para a felicidade das persoas, a música.

Grazas Sonaxe, por estos dez anos de música.

 

 Ligazón: Sonaxe