Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. Baldani


BALDANI

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Este século entra fuerte, rápido e cambiante. A cultura dixital e a crise o cambian todo. A enciclopedia xa non a fan uns poucos académicos, faina a multitude a través da wiki. O transporte xa non é privativo e todxs compartimos coche cun un simple bla bla. Os medios de comunicación tradicionais están en crise e vense superados polas redes sociais, máis dinámicas e participativas.

O comercio tradicional tamén cambia (ou non)

Os clientes pasan a ser comunidades de persoas afíns ao estilo que vendemos (coma semrpre) e acaban sendo amigxs da nosa tenda, da música que pinchamos, das vidas evocadas a través das marcas que distribuimos.

A nosa imaxe construese a lume lento (coma antes) e con márketing vivo, facendo cousas reais e palpables, como o Maio Vintage Market, como as Noites Abertas, como os concertos de Jigsaw, Triángulo de Amor Bizarro ou Dirty Socks.

Os pantalóns que vendemos cambiaron...pero son os vaqueros de sempre, os que che invitan a patinar, a bailar nun festival ou a conducir unha moto retro.

Vendemos roupa si, pero construimos algo máis, a través da música, a través do apoio ao talento creativo das Creaturas ou dos Pecha Kucha da asociación de empresarios de Boiro, a través das barbas, as promos e os tragos das Noites Abertas.

Vendemos un estilo de vida, que compartimos ca nosa comunidade de clientes e que nos fai ser como somos e amar o que facemos.

Somos Baldani e a nosa tenda ule a vida, a xente nova.

Daniel Fly García Dosil

 

O sábado 18 de Xuño, Baldani acollerá a previa ao concerto de Triángulo de Amor Bizarro na Pousada das Ánimas, dentro da Noite Aberta da ABE, ca que colabora activamente dende a súa primeira edición.

 

 Ligazón: Baldani Concept Store