Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. Pousada das Ánimas


POUSADA DAS ÁNIMAS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

“Poucos creian,pero as cousas que nacen do corazón, non hai barreiras nin fronteiras que as paren ,e eso é o que quedou demostrado en BOIRO na homenaxe a Krahe. Pelexa sempre polas túas ideas e proxectos, e si te equivocas..pois vólvelo a intentar , unha e outra vez,,,,non hai outro camiño: traballo , esforzo, corazón ,e moita , moita ilusión....sen medo a fracasar, porque os fracasos son o primeiro acerto no camiño que nos marcamos, e supoñen unha gran aprendizaxe. A determinacion e a confianza son fundamentais. Escoita sempre ao teu corazón e utiliza a cabeza para darlle forma..“

Suso Santamaría



A pousada, o Ese, o Guajiro, o Bule, a festa Cubana, o mencer Latino, a excursión de 3º de Bup..  Suso santamaría foi dende sempre un organizador de eventos, un promotor, un emprendedor, un liante. Mais é agora, neste momento, cando consigue a maior cota de calidade e trascendencia no seu traballo de promotor musical en Boiro e Barbanza. É de destacar como neste intre, quen garantiza unha programación musical de calidade neste entorno non é a administración, senón que é unha empresa privada, unha sala de concertos, que é referencial entre outros locais que tamén programan, pola súa constante aposta pola música ao vivo. Suso di a menudo que él non só vende copas e nós dende aquí ratificámolo, vende, ofrece, facilita cultura, emoción, encontro e relación. Suso vende (e respira) pura vida, a un prezo moi asequible por certo.