Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. Ramón Martínez López


UN BOIRENSE: D. RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Por Xosé Deira

A historia, como devir humano, é froito de persoas reais e concretas, que, para ganarse o pan, traballan en condicións que eles recibiron ou criaron;  non hai nada alleo á  propia historia máis que os seres humanos  e as súas condicións. A historia de cada pobo,resume pois a vida dos seus habitantes, que  viron o traballo como a única  forma de criarse a si mesmos, mellorando as súas condicións e as dos demais;  se ben é verdade que hai persoas e condicións que converten ao home en escravo,  o traballo non é un castigo, senón un ben. Boiro, coma outros pobos, é o resultado do esforzo de todos,que, coma poucos, creron en si mesmos e no seu traballo como forma de transformación, e hoxe este pobo é un dos máis puxantes da Ría. De entre os heroes  anónimos que fixeron deste pobo o que hoxe é, quixera  traer á memoria unha persoa que, caladamente e lonxe da súa Terra, tamén como a gran maioría, sentiu e defendeu o orgullo de ser boirense:  D. Ramón Martínez  López, do que Borges dixo.”é un dos meus mellores amigos, pero non é quen de esquecerse da súa Terra”. A súa vida foi un paradigma de coherencia, de intelectual comprometido, de traballador incansable, de amigo dos seus amigos e de compromiso coa súa Terra;  iso é o que pensaban del  os seus contemporáneos  e  hoxe descobre calquera que se acerque á súa biografía. Nace en Boiro en 1907, estuda en Monforte e  Santiago de Compostela, obtén a cátedra de Lingua e Literatura, casa en Carril con Isabel, filla de Castromán de Cabo da Cruz. En  1936, estando traballando en Lisboa, no Instituto Español de Lisboa, na Universidade e na Embaixada, é declarado persoa  non grata, coma se fixo con tantas persoas decentes, e ten que coller o camiño do exilio. Nun principio, a pesar de ser axudado por personalidades como Sánchez Albornoz, Américo Castro, Gabriela Mistral. ou os amigos da terra como  Castelao, Rafael Dieste,... pasouno moi mal, pero sempre cumprindo cos seus e coa súa Terra. Durante trinta anos é profesor da Universidade de Texas , alí  xubílase da súa vida académica,  volta a Galicia e retoma o seu traballo como intelectual e político. En Boiro non foi moi coñecido, porque o réxime tratou de silencialo, como a tantos outros, pero, cando retorna do exilio, Boiro converteuse no referente da súa infancia e xuventude: foi o pregoeiro das festas, a Casa da Cultura leva o seu nome,  diferentes entidades locais, comarcais e nacionais rendéronlle merecidos homenaxes.Falecido en 1989, hoxe segue sendo obxecto de estudios e admiración.