Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. Sonia lebedynski


SONIA LEBEDYNSKI & DESERTO DE CENTOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Sonia bota a andar a súa carreira en solitario con ‘Deserto de Centos’ logo de ser a ‘front woman’ de Fía na Roca e colaborar en múltiples iniciativas musicais. Estamos diante dun disco de autora -forneado xunto co brasileiro Sérgio Tannus- que é resultado de todas as músicas das que foi bebendo ao longo súa traxectoria musical e vital: trad, folc, funk, pop, música brasileira...


‘Deserto de centos’ é unha viaxe iniciática cara a un horizonte por descubrir. É o sedimento das músicas escoitadas e cantadas, dos proxectos dos que fixo parte, das persoas e dos lugares que coñeceu, dos versos que leu e que escribiu. Aí está todo o seu universo sonoro e vital.


Unha aposta atrevida e moi persoal, que estará acompañada en directo por unha magnífica banda, con Sérgio Tannus (dirección musical e cordas), Carlos Freire (percusións), Roberto Comesaña (piano e acordeón), Martiño Domínguez (saxo tenor e barítono), José Manuel Díaz (baixo), Manuel Paino (trompeta) e Jose Luis Miranda (trombón).


Ademáis de Sérgio Tannus na dirección musical, en ‘Deserto de centos’ colaboraron na parte creativa moitos nomes destacados da música galega, como Xosé Lois Romero, Guadi Galego, Uxía, Alberto Vilas e Óscar Losada, en letras, músicas e arranxos.


Muller comprometida ca cultura, o idioma, a arte, a educación, cas mulleres e co lugar no que habita, quixo amosar neste traballo o vínculo tan especial que sinte por Boiro implicando a moita da xente ca que ten compartido experiencias e colaborado en proxectos culturais ao longos destes anos. Desde o título Deserto de Centos, proposta da creadora e artesá boirense Paula Tubío, A Gata Moscovita; as imaxes que compoñen o soporte físico do cd foron tomadas na Praia de Carragueiros a través do obxectivo do creador audiovisual Pablo Chouza, quen tamén é o realizador e director do primeiro videoclip de Sonia Lebedynski. Triwus foi a empresa, tamén residente en Boiro encargada de realizar o deseño gráfico deste traballo así como a páxina web que conta cun deseño elegante e unha gran variedade de contidos. Outra das aportacións foi a de Alberto García, técnico de cultura que comparte xunto a Sonia unha das letras inspirada a partir dun dos seus poemarios. A todas estas colaboracións "made in" Boiro a pegada máis intimista é a da propia autora en forma de canción baixo o título “Paseo polo areal”, unha peza que recolle as sensacións que este lugar lle aporta no seu percorrido vital. Sonia Lebedynski bota a andar a súa carreira en solitario pero non viaxa soa, son centos quenes a arroupan e acompañan.

 

Ligazón: sonialebedynski.com