Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. A Romaría das Letras no Barbanza


A ROMARÍA DAS LETRAS NO BARBANZA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Texto: Pastor Rodríguez, coordinador da AC Barbantia

Cando en 2011 a asociación Cultural Barbantia convocou a I Romaría das Letras no Barbanza, tiña uns obxectivos claros: facer popular o Día das Letras Galegas máis aló das elites e dos actos protocolarios, buscando unha celebración para todos que tivese por eixo vertebrador a lingua galega e que incluíse uns actos diversos e atractivos que fosen non só unha homenaxe á figura escolleita pola Real Academia Galega para honrar nesa data, senón tamén música galega, presentación de libros, danza galega, artesanía galega, teatro, xogos tradicionais, exposicións e todo aquilo de valor que nos singulariza como cultura popular.

Buscaba Barbantia todo iso, pero tamén algo máis: unha festa da cultura galega na que participasen familias enteiras e que fose unha referencia unitiaria no Barbanza. E así, dende o comezo, acompañou á esta iniciativa o éxito con miles de asistentes, sobrepoñéndose mesmo ás inclemencias do tempo. Pola romaría foron pasando artistas de zona, escritores e gaiteiros, grupos de baile galego, postos de artesanía e de libros, palilleiras, recitais poéticos, teatro e música. A todo isto sumouse outro obxectivo: poñer en valor o patrimonio do Pazo de Goiáns e o seu contorno natural, con visitas guiadas polo parque do pazo e co desfrute da natureza. Mágoa que o pazo non sexa restaurado, o que enriquecería o valor desta Romaría das Letras.

Neste ano 2016 celebramos a VI Romaría, unha festa do galego e da nosa cultura que ofreceu diferentes actividades culturais: xogos tradicionais, cantareiras, danza e música tradicional, mostra de encaixe, lectura de textos de Manuel María, o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, teatro, presentacións de libros, exposición fotográfica e o concerto das Letras.