Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.
Republica Creativa. Maio Vintage Market


MAIO VINTAGE MARKET

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Texto: Paula Tubío. Imaxe: Pascual Vidal González

O Maio Vintage Market acada a súa IV edición coas expectativas moi por riba do que os inicios avistaban. O ano pasado foi un “cheo”, e aínda que iso non é sinónimo, nin moito menos, de calidade ou orgullo polo que fas, un “cheo” con presuposto cero, dá canto menos conta do esforzo e a implicación que supón e iso é algo do que realmente podemos sentirnos orgullos@s.


O colectivo Creaturas, creado fai 4 anos, poñiamos en marcha a primeira edición do Maio Vintage Market no 2012 co obxectivo de dar visibilidade ao talento creativo barbanzán, de colaborar á oferta cultural existente dun xeito diferente e de dar dinamismo a unha rúa que ofrecía moitas posibilidades non aproveitadas. Ademais de amosar o traballo que está a desenvolverse na comarca, o Maio Vintage Market pretende ser un escaparate para outros artesáns e artistas vidos de diferentes partes do país, que enriquecen e aportan calidade á programación.


Se ben o traballo inicial foi levado a cabo maioritariamente polas persoas do colectivo Creaturas, ano tras ano fomos quen de ir incorporando ao comercio e á hostalería da rúa, a empresas do concello, a máis creativ@s e a outros colectivos e asociacións a este proxecto. O mérito desta xestión, radica na implicación de diferentes axentes sociais, tan dispares en obxectivos como poden ser empresas e asociacións sen ánimo de lucro, pero co mesmo interese de mellora da comunidade e o entorno en que vivimos.


Pretendemos nas vindeiras edicións seguir sumando esforzos, iniciativas e achegas para que o Maio Vintage Market sexa unha cita sentida, compartida e motivo de orgullo para tod@s @s boirenses.