Esta web emprega unhas cookies de terceiros para mellorar a túa experiencia. Se continúas navegando entendemos que o aceptas.

   Más Intormación - Aceptar.


PUNTO DE PARTIDA: A CULTURA CIDADÁ

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Esta revista quere visibilizar e valorar o traballo das persoas que cada día con esforzo e ilusión aportan o seu gran de area para que este pobo avance.
Queremos visibilizar e apoiar a mestras e comunidades educativas en xeral, porque no ensino está a base dunha sociedade con futuro.
Queremos visibilizar e apoiar a mozxs e non tan mozxs, que ca súa creatividade nos ofrecen perspectivas diferentes de como poden ser hoxe as empresas, o comercio, a hostelería, o deseño, as novas representacións artísticas, a música, o audiovisual ou as novas tecnoloxías aplicadas á vida.
Queremos visibilizar e apoiar a asociacións, colectivos e particulares que son sustentadoras da cultura no lugar que habitamos. Movementos cidadáns amadores ou máis profesionalizados que co seu tesón, co seu tempo e moitas veces cos seus cartos, fan que cada semana poidamos acudir a concertos en locais de hostelería, festivais de baile ou audiovisuais, mercados creativos ou romerías culturais.

É esta cidadanía a que actualmente está a manter o posicionamento cultural que Boiro acadou na última década. É maioritariamente a sociedade civil autoorganizada a que está a impulsar o motor da cultura neste entorno,  como así o amosan por exemplo, eventos como o Maio Vintage Market, a Romería das Letras en Goiáns ou o festival Olloboi, entre outras experiencias moi valiosas. É sobre todo a esa cidadanía activa a quen queremos adicar este espazo de divulgación cultural. Elas son as protagonistas desta revista, que non pretende ser máis que, outra vez, un escaparate unificado onde vexamos o enorme pulo  creativo que temos ao noso arredor.